Saltar ao contido

Felip Pedrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFelip Pedrell

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Felip Pedrell i Sabaté Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1841 Editar o valor en Wikidata
Tortosa, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1922 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, profesor de música, musicólogo, crítico musical Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera, zarzuela e Sardana Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJoan Nin i Serra (pt) Traducir e Josep Brocà i Codina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosEnrique Granados../... 35+ Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesCarlos Pedrell, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Педрель Фелипе) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1004207 Musicbrainz: b29d8096-e134-4127-965c-acf7ce651cbe Discogs: 1648004 IMSLP: Category:Pedrell,_Felipe Editar o valor en Wikidata

Felip Pedrell i Sabaté, nado en Tortosa o 19 de febreiro de 1841 e finado en Barcelona o 19 de agosto de 1922, foi un compositor e músico catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Felip Pedrell, Ramon Casas (MNAC).

Tivo os seus primeiros contactos coa música como cantor infantil do coro da catedral de Tortosa. Con 15 anos compuxo un "Stabat Mater" a tres voces. En 1863 Pedrell foi a Barcelona para seguir os seus estudos musicais, pero pronto viaxa a Roma (1876) e París (1877) internado polas Deputacións de Tarragona e Xirona para desenvolver os seus coñecementos musicais. Máis tarde, no ano 1894 trasládase a Madrid onde no ano 1915 se lle nomea profesor do Conservatorio.

Grazas ás súas viaxes a Italia e Francia, Pedrell foi o primeiro músico modernista catalán en contactar coa música estranxeira. Este contacto foi esencial para definir as súas futuras tendencias musicais como compositor de música culta e popular. Foi un dos introdutores en Cataluña e en España da música de Wagner.

Como renovador do panorama musical catalán, tivo un enorme prestixio que o levou a ser o mestre de músicos como Enric Granados, Manuel de Falla, Robert Gerhard, Isaac Albéniz, Lluís Millet e outros.

Pedrell tamén foi fundador de escolas de musicoloxía tanto en Cataluña coma no resto de España. Foi un compositor moi activo, desenvolvendo todos os estilos musicais. Así, ademais das súas óperas, compuxo tamén unha gran cantidade de obras líricas, poemas sinfónicos e música relixiosa e de cámara. Foi, ademais, un incualificable precursor do nacionalismo catalán.

Composicións de cámara

[editar | editar a fonte]
  • Noches de España
  • Nocturn-trio (1873)
  • Orientales
  • Quartet (Cuarteto, 1879)
  • Gaillard (1879)
  • Super Flumina Babilonis
  • La guardiola (1873)

Misas / Pezas relixiosas

[editar | editar a fonte]
  • Al·leluia (1865)
  • Missa per dues veus i orgue (1857)
  • Tres Misses per tres veus i orgue (1861, 1865 e 1866)

Poemas sinfónicos

[editar | editar a fonte]
  • La veu de les muntanyes (1877)
  • I trionfi (1880)
  • Excelsior (1880)